Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Idioma Estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B7 C2 Avaliaranse os exercicios e traballos realizados xa sexa na aula ou en casa, así como a participación activa e o desempeño do alumnado durante todo o curso polo sistema de avaliación continua. Así mesmo, teranse en conta as posibles presentacións orais de temas de "Landeskunde" na aula. 30
Proba obxectiva A10 B7 C2 Exame final de contido léxico e gramatical que se realizará nas datas oficiais fixadas en cada centro e puntuará segundo as porcentaxes fixadas. 70
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación e conseguinte cualificación do alumnado levará a cabo mediante un procedemento de avaliación continua, de acordo coas metodoloxías docentes e porcentaxes descritas arriba. Para obter o 30% máximo establecido para a porcentaxe obtida polo traballo realizado durante o curso, atenderase á participación regular e activa na aula, a resolución de exercicios de aula, ademais da entrega de traballos e exercicios realizados en casa e as posibles presentacións orais. A proba escrita final realizarase na data fixada no calendario oficial de cada centro. Se o profesorado considera necesario realizar probas orais individuais complementarias, acordará as datas das mesmas co alumnado.

ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXCENCIÓN DE ASISTENCIA
Deberán ponerse en conatcto coa persoa encargada da materia nas primeiras semans do curso.
En canto aos procedemientos e ás porcentaxes de avaliación, deberán realizar un exame escrito final sobre todos os contidos da materia, que se realizará nas datas oficiais fixadas por cada centro; ademais será obrigatorio que realicen unha proba oral individual na data acordada co profesorado da materia. A proba escrita puntuará un 70% da nota e a proba oral un 30%.

IMPORTANTE: tanto no caso da avaliación continua da primeira oportunidade, como no caso do alumnado con dispensa académica de excención de asistencia, a nota do exame escrito non poderá ser inferior a un 4 para superar a materia (e para poder pasar á proba oral, en caso necesario).

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Exame escrito de todos os contidos do curso polo 100% da nota. Só faranse probas orais en casos puntuais, se o profesorado o estima necesario para poder fixar a nota final.

En calquera das convocatorias o profesorado ten a potestade de poder esixir unha proba oral individual para completar os seus criterios de avaliación.

ACTUACIÓN NO CASO DE PLAXIO

Todos os traballos presentados polo alumnado para ser obxeto de avaliación deben ser de elaboración individual (salvo indicación
expresa) e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta
de deteción de plaxio ou de presentación do mesmo traballo en varias
materias. No caso de deteción de plaxio, o traballo obterá unha
cualificación de 0 e activaránse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cuaificacións dos estados
de grao e mestrado universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes