Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Dereito Internacional Público
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dereito Internacional Público Código 710G05014
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Profesorado
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel. Ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz. Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente. A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes