Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Idioma Estranxeiro I: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A2 A1 A7 B2 B3 B11 B1 C2 Simulacións que poñan en práctica as competencias de expresión
orais.
10
Proba de resposta múltiple A2 A1 A7 B8 C2 Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas
postas en práctica na aula.
50
Prácticas de laboratorio A2 A1 A7 A10 B3 B4 B7 B8 C2 Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para
entregar.
Resolución de problemas: tarefas de comprensión ou expresión escrita ou oral a entregar.
40
 
Observacións avaliación

1. Na primeira oportunidade, os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación continua (con máis de 5
clases sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste na recollida de tarefas e actividades feitas na clase ou na casa a entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (50 % da nota final). Para avaliación continua
será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT,

Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017.

A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro final o último día de clase (total: 50% da nota
final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá alcanzarse cando menos
unha media de 5 no conxunto dos dous controis para facer media coa nota das tarefas de clase que haberá de ser como
mínimo un 4.

Os alumnos que non aproben durante o curso poderán presentarse ao examen final en primeira convocatoria previsto pola
Xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consitirá nunha proba con
preguntas obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua extranxeira. Os alumnos que non superan a avaliación contínua durante o curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade.

2. Avaliación da segunda oportunidade: De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas
distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita e unha proba oral.
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP
de non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral).

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal.
A
realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das
actividades de avaliación continua implicará automaticamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,
invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías
avaliables.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes