Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Naval e Oceánico
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Aplicar os fundamentos da Enxeñaría Naval e Oceánica.
  A2 Modelar matematicamente sistemas e procesos complexos de todos os ámbitos da Enxeñaría Naval e Oceánica.
  A3 Desenvolver, programar e aplicar métodos analíticos e numéricos para a análise de modelos lineais e non lineais de todos os ámbitos da Enxeñaría Naval e Oceánica.
  A4 Participación en proxectos de investigación.
  A5 Modelizar matemática e computación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría naval e oceánica.
  A6 Participación en proxectos multidisciplinares de enxeñaría naval e oceánica.
  A7 Proxectos e cálculo de produtos, procesos, instalacións e factorías navais en todos os ámbitos do sector naval e marítimo.
  A8 Investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos relacionados co sector naval e marítimo.
  A9 Elaboración, dirección e xestión de proxectos en todos os ámbitos relacionados co sector naval e marítimo.
  A10 Dirección, planificación e supervisión de equipos multidisciplinares.
  A11 Planificación estratéxica, de sistemas de calidade, de sistemas de produción e de xestión ambiental.
  A12 Dirección xeral, dirección técnica, dirección de proxectos de I+D+I en factorías navais e empresas relacionadas co sector naval e marítimo.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
  B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
  B10 Actitude orientada á análise.
  B11 Actitude creativa.
  B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
  B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
  B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
  B15 Concepción espacial.
  B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
  B17 Analizar e descompoñer procesos.
  B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  B19 Motivar ao grupo de traballo.
  B20 Capacidade de negociación.
  B21 Abertos ao cambio.
  B22 Vontade de mellora continua.
  B23 Positivos fronte a problemas.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes