Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
 Competencias do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 CE1 Capacidade para a comprensión dos fundamentos físicos das aplicacións dos láseres en diferentes campos de especial relevancia, como a metroloxía, biomedicina, industria e medio ambiente. Identificación e recoñecemento de novas tecnoloxías, as súas aplicacións, sistemas comerciais, normativa vixente en láseres, así como o desenvolvemento de procesos e sistemas para a análise.
  AM2 CE2 Capacidade para a análise, deseño e aplicación de métodos computacionais, sistemas non lineais, métodos numéricos, modelado numérico, simulacións, algoritmos, e software específico para o seu emprego en fotónica e tecnoloxías láser.
  AM3 CE3 Capacidade para a análise e argumentación dos fundamentos da interacción radiación materia a nivel clásico, semiclásico e cuántico, os fundamentos teóricos do funcionamento láser, da óptica física, e da interacción da luz en diferentes medios e segundo as diferentes escalas.
  AM4 CE4 Capacidade para a identificación e descrición de sensores ópticos e actuadores láseres, en particular sensores integrados e fibras ópticas, así como as súas aplicacións en diversos campos e o recoñecemento de sistemas comerciais.
  AM5 CE5 Capacidade para a comprensión e clasificación de sistemas de comunicacións ópticas, profundando na transmisión e propagación da luz en fibras
  AM6 CE6 Capacidade para o uso de instrumentación óptica e a realización e montaxe de experimentos baseados en técnicas de fotónica e tecnoloxías láser, así como das súas aplicacións, de maneira autónoma.
  AM7 CE7 Capacidade para aplicar os coñecementos, capacidades e aptitudes adquiridas á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no campo da fotónica e tecnoloxías do láser.
  AM8 CE8 Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos o resto dos créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral en fotónica e tecnoloxías láser no que se sinteticen as competencias adquiridas nos ensinos cursados ao longo do mestrado.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BM2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BM3 CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BM4 CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BM5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
  BM6 CG1 Capacidade para recompilar información sobre un tema de interese a través de documentos científicos, así como para analizala, clasificala e sintetizala.
  BM7 CG2 Capacidade para manexar ferramentas de software que apoien a resolución de problemas relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser.
  BM8 CG3 Capacidade para a planificación de tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en Institucións de investigación, tecnolóxicas e empresas, en todos aqueles ámbitos relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser.
  BM9 CG4 Capacidade para identificar métodos experimentais e teóricos relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser, así como as súas aplicacións en ciencia e tecnoloxía.
  BM10 CG5 Respectar os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 CT1 Capacidade para o liderado, a toma de decisións, e a xestión do tempo.
  CM2 CT2 Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares e multilingües, nun contexto internacional.
  CM3 CT3 Habilidade nas relacións interpersoais.
  CM4 CT4 Capacidade para a aprendizaxe autónoma, a autoorganización e autoplanificación do traballo, así como para manter unha formación continuada no seu campo de traballo.
  CM5 CT5 Iniciativa e espírito emprendedor, estimulado pola formación no campo da fotónica e as tecnoloxías do láser.
  CM6 CT6 Motivación pola calidade e a mellora continua
  CM7 CT7 Respectar os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes