Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
 Study programme competences


TypeA Code  
  Compound
  AC1 CE1 Capacidade para a comprensión dos fundamentos físicos das aplicacións dos láseres en diferentes campos de especial relevancia, como a metroloxía, biomedicina, industria e medio ambiente. Identificación e recoñecemento de novas tecnoloxías, as súas aplicacións, sistemas comerciais, normativa vixente en láseres, así como o desenvolvemento de procesos e sistemas para a análise.
  AC2 CE2 Capacidade para a análise, deseño e aplicación de métodos computacionais, sistemas non lineais, métodos numéricos, modelado numérico, simulacións, algoritmos, e software específico para o seu emprego en fotónica e tecnoloxías láser.
  AC3 CE3 Capacidade para a análise e argumentación dos fundamentos da interacción radiación materia a nivel clásico, semiclásico e cuántico, os fundamentos teóricos do funcionamento láser, da óptica física, e da interacción da luz en diferentes medios e segundo as diferentes escalas.
  AC4 CE4 Capacidade para a identificación e descrición de sensores ópticos e actuadores láseres, en particular sensores integrados e fibras ópticas, así como as súas aplicacións en diversos campos e o recoñecemento de sistemas comerciais.
  AC5 CE5 Capacidade para a comprensión e clasificación de sistemas de comunicacións ópticas, profundando na transmisión e propagación da luz en fibras
  AC6 CE6 Capacidade para o uso de instrumentación óptica e a realización e montaxe de experimentos baseados en técnicas de fotónica e tecnoloxías láser, así como das súas aplicacións, de maneira autónoma.
  AC7 CE7 Capacidade para aplicar os coñecementos, capacidades e aptitudes adquiridas á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no campo da fotónica e tecnoloxías do láser.
  AC8 CE8 Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos o resto dos créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral en fotónica e tecnoloxías láser no que se sinteticen as competencias adquiridas nos ensinos cursados ao longo do mestrado.
TypeB Code  
  Compound
  BC1 CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BC2 CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BC3 CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BC4 CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BC5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
  BC6 CG1 Capacidade para recompilar información sobre un tema de interese a través de documentos científicos, así como para analizala, clasificala e sintetizala.
  BC7 CG2 Capacidade para manexar ferramentas de software que apoien a resolución de problemas relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser.
  BC8 CG3 Capacidade para a planificación de tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en Institucións de investigación, tecnolóxicas e empresas, en todos aqueles ámbitos relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser.
  BC9 CG4 Capacidade para identificar métodos experimentais e teóricos relacionados coa fotónica e as tecnoloxías do láser, así como as súas aplicacións en ciencia e tecnoloxía.
  BC10 CG5 Respectar os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 CT1 Capacidade para o liderado, a toma de decisións, e a xestión do tempo.
  CC2 CT2 Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares e multilingües, nun contexto internacional.
  CC3 CT3 Habilidade nas relacións interpersoais.
  CC4 CT4 Capacidade para a aprendizaxe autónoma, a autoorganización e autoplanificación do traballo, así como para manter unha formación continuada no seu campo de traballo.
  CC5 CT5 Iniciativa e espírito emprendedor, estimulado pola formación no campo da fotónica e as tecnoloxías do láser.
  CC6 CT6 Motivación pola calidade e a mellora continua
  CC7 CT7 Respectar os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes