Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Capacidade para proxectar buques axeitados ás necesidades do transporte marítimo de persoas e mercadorías, e ás da defensa e seguridade marítimas.
  AM2 Coñecemento avanzado da hidrodinámica naval para a súa aplicación á optimización de carenas, propulsores e apéndices.
  AM3 Coñecemento da dinámica do buque e das estruturas navais, e capacidade para realizar análise de optimización da estrutura da integración dos sistemas a bordo, e do comportamento do buque no mar e da súa manobrabilidade.
  AM4 Capacidade para analizar solucións alternativas para a definición e optimización das plantas de enerxía e propulsión de buques.
  AM5 Coñecemento dos mercados da construción e reparación de buques e dos seus aspectos legais e económicos, para a súa aplicación aos correspondentes contratos e especificacións.
  AM6 Capacidade para definir a estratexia construtiva dos buques e para planificar e controlar o seu desenvolvemento.
  AM7 Capacidade para proxectar plataformas e artefactos oceánicos.
  AM8 Coñecemento dos elementos de oceanografía física (ondas, correntes, mareas, etc.) necesarios para a análise do comportamento das estruturas oceánicas, e dos elementos das oceanografías química e biolóxica que deben ser tidos en conta para a seguridade marítima e para o tratamento da contaminación, e do impacto ambiental producido polos buques e artefactos mariños.
  AM9 Capacidade para organizar e dirixir a construción de plataformas e artefactos oceánicos.
  AM10 Coñecemento dos sistemas de posicionamento e da dinámica de plataformas e artefactos.
  AM11 Coñecemento das operacións e sistemas específicos dos barcos de pesca e capacidade para realizar a súa integración nos proxectos dos devanditos barcos.
  AM12 Coñecemento da enxeñaría dos cultivos mariños e da súa explotación e capacidade para proxectar os artefactos, flotantes ou fixos, nos que se integran, desenvolvendo as súas estruturas, materiais, equipamento, fondeo, estabilidade, seguridade, etc.
  AM13 Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida.
  AM14 Coñecemento do comercio e do transporte marítimo internacional para a súa aplicación á definición e optimización de novos buques e artefactos.
  AM15 Coñecementos de economía e de xestión de empresas do ámbito marítimo.
  AM16 Capacidade para desenvolver e xestionar a enxeñaría de apoio loxístico, mantemento e reparación de buques e artefactos.
  AM17 Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Naval e Oceánica de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BM2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BM3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BM4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BM5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BM6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  BM7 Falar ben en público
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes