Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Coñecemento e capacidade para a análise e o deseño de sistemas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
  AP2 Coñecemento e capacidade para proxectar, calcular e deseñar sistemas integrados de fabricación.
  AP3 Capacidade para o deseño e ensaio de máquinas.
  AP4 Capacidade para a análise e o deseño de procesos químicos.
  AP5 Coñecementos e capacidades para o deseño e a análise de máquinas e motores térmicos, máquinas hidráulicas e instalacións de calor e frío industrial.
  AP6 Coñecementos e capacidades que permitan comprender, analizar, explotar e xestionar as distintas fontes de enerxía.
  AP7 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial.
  AP8 Capacidade para deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
  AP9 Coñecementos e capacidades para organizar e dirixir empresas.
  AP10 Coñecementos e capacidades de estratexia e planificación aplicados a distintas estruturas organizativas.
  AP11 Coñecementos de dereito mercantil e laboral.
  AP12 Coñecementos de contabilidade financeira e de custos.
  AP13 Coñecementos de sistemas de información á dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística, así como sistemas de xestión de calidade.
  AP14 Capacidades para a organización do traballo e a xestión de recursos humanos. Coñecementos sobre a prevención de riscos laborais.
  AP15 Coñecementos e capacidades para a dirección integrada de proxectos.
  AP16 Capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica (I+D+i).
  AP17 Capacidade para o deseño, a construción e a explotación de plantas industriais.
  AP18 Coñecementos sobre construción, edificación, instalacións, infraestruturas e urbanismo no ámbito da enxeñaría industrial.
  AP19 Coñecementos e capacidades para o cálculo e deseño de estruturas.
  AP20 Coñecemento e capacidades para o proxectar e deseñar instalacións eléctricas e de fluídos, iluminación, climatización e ventilación, aforro e eficiencia enerxética, acústica, comunicacións, domótica e edificios intelixentes e instalacións de seguridade.
  AP21 Coñecementos sobre métodos e técnicas do transporte e o mantemento industrial.
  AP22 Coñecementos e capacidades para realizar a verificación e o control de instalacións, procesos e produtos.
  AP23 Coñecementos e capacidades para realizar certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
  AP24 Realización, presentación e defensa ante un tribunal universitario, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun traballo individual orixinal, que consistirá nun proxecto integral de enxeñaría industrial de natureza profesional en que se sinteticen as competencias adquiridas.
  AP25 Capacidade para o cálculo e o deseño de máquinas eléctricas.
  AP26 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
  AP27 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
  AP28 Coñecementos e capacidades para o cálculo, o deseño e o ensaio de máquinas.
  AP29 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e a resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  AP30 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, trasfega de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  AP31 Capacidade para o deseño e a xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, así como a modelaxe de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de trasfega de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BP2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BP3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
  BP5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BP6 Ser capaz de realizar a análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  BP7 Falar ben en público.
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes