Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Enxeñaría de procesos de fabricación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B2 A proba obxectiva consiste na superación dun exame final que engloba todos os contidos vistos ao longo do curso 70
Presentación oral B2 Presentación oral dos traballos tutelados correspondientes ó bloque 2 5
Traballos tutelados A2 B1 B2 Traballos realizados polo alumno da parte correspondente ó bloque 1 10
Presentación oral B2 Presentación oral dos traballos tutelados correspondentes ó bloque 1 5
Traballos tutelados A2 B1 B2 Traballos realizados polo alumno da parte correspondente ó bloque 2 10
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

A. Alumnado con dedicación completa:

asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75% (clases de teoría) e 100% (prácticas de laboratorio):

a) Traballos tutelados: elaboración dos traballos correspondentes aos bloques 1 e 2 (20%)

b) Presentación oral: presentación oral dos traballos tutelados dos bloques 1 e 2 (10%)

c) Proba obxectiva: exame final (70%)

B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 50 % (clases de teoría) e 100% (prácticas de laboratorio):

a) Traballos tutelados: elaboración dos traballos correspondentes aos bloques 1 e 2 (20%)

b) Presentación oral: presentación oral dos traballos tutelados dos bloques 1 e 2 (10%)

c) Proba obxectiva: exame final (70%)

2. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1- CUALIFICACIÓN FINAL: calcularase como a suma das notas correspondentes aos bloques 1 e 2 da materia. No entanto, será necesario obter un mínimo de 2.5 puntos en cada unha das partes para superar a materia.

2- A presentación oral dos traballos dos bloques 1 e 2 é obrigatoria, e forma parte da nota do devandito bloque, cun peso de 0.5 puntos sobre 5.

3. SEGUNDA OPORTUNIDADE

a) Traballos tutelados: elaboración dos traballos correspondentes aos bloques 1 e 2 (20%)

b) Proba obxectiva: exame final (80%)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes