Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Enxeñaría de procesos químicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor tutor.

15
Presentación oral B4 B7 C1 Presentación oral dos traballos tutelados realizados con apoio das TIC
EXPOSICIÓN ORAL: 1 PUNTO
• Expresión verbal y Expresión corporal: 0,5
• power point: 0,5
10
Prácticas de laboratorio A4 B2 B3 1. Destilación sencilla y destilación Fraccionada
2. Extracción Soxhlet con disolvente
15
Proba obxectiva A4 B6 Proba escrita da materia impartida na asignatura.
Para aprobar a asignatura será necesario obter un mínimo de 3 puntos no exame sobre 7 puntos para valorar as outras actividades.
60
 
Observacións avaliación
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.

Será obrigatorio para aprobar a asignatura entregar o traballo (formato Word)e realizar a súa exposición (formato Power point)nos días establecidos polo profesor e publicados en Moodle.

Para aprobar a asignatura será necesario obter un mínimo de 3 puntos no exame sobre 7 puntos para valorar as outras actividades.

Os alumnos con matricula a tempo parcial terán que realizar todas as seguintes actividades obrigatorias (14 % das horas da asignatura): asistencia a prácticas de laboratorio e presentación do traballo tutelado. Quedan exentos do resto das horas presenciais da asigantura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes