Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Xestión da innovación/dirección integrada de proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A15 A16 B2 B3 B4 B6 C1 O alumno deberá entregar traballos de avaliación, de tipo caso práctico, que poden ser relativos á formulación dun proxecto, sexa do tipo que sexa, incluídos os de innovación.

Haberá un traballo sobre xestión da innovación, e varios sobre dirección integrada de proxectos.
56
Proba obxectiva A15 A16 B2 B3 B4 B6 C1 Véxase o devandito a efectos de proba obxectiva no apartado de Metodoloxías. 44
 
Observacións avaliación
A avaliación estrutúrase desta forma:
  • Xestión de la Innovación: 
    • As dúas partes de xestión da innovación (traballo a realizar polos alumnos, e exame), supoñerán, respectivamente, un 23% e un 10% da nota final da materia. 
    • Para superar a parte de xestión da innovación o alumno debe ter máis de 4 puntos sobre 10 no exame, máis de 5 puntos sobre 10 no traballo, e máis de 5 sobre 10 de media.
  • Dirección Integrada de Proxectos: 
    • As dúas partes de dirección integrada de proxectos (traballos a realizar polos alumnos,  e exame) supoñerán, respectivamente, un 33% e un 34% da nota final da materia. 
    • Para superar a parte de dirección integrada de proxectos o alumno debe ter máis de 4 puntos sobre 10 no exame, unha media de máis de 5 puntos sobre 10 nos traballos, e máis de 5 sobre 10 de media total.
O alumno debe superar as dúas partes da materia (Xestión da Innovación / Dirección Integrada de Proxectos).

Haberá senllos exames nas datas oficiais establecidas pola Escola. En función do tempo dispoñible para o exame e do criterio do profesor, o exame poderá incluír preguntas de tipo teórico e teórico-práctico, acerca dos contidos teóricos da materia e das súas aplicacións a casos concretos. Isto poderase facer por medio de preguntas tipo test, preguntas curtas, ou ambos os tipos de pregunta. En función do xa comentado, o exame poderá incluír tamén a resolución de exercicios, supostos ou casos prácticos, ou combinacións de todo iso. O exame poderá incluír tamén preguntas sobre os traballos realizados.

O feito de que o profesor proporcione ao alumno as transparencias de clase non exime ao alumno da obrigación de tomar notas de clase; o profesor emprega ditas transparencias para apoiar a súa explicación, que pode incluír matices e detalles non contidos nas transparencias. Doutra banda, o profesor contesta as preguntas que os alumnos realizan en clase, sobre aspectos que poden non estar incluídos nas transparencias. Os contidos que se avaliarán na proba obxectiva serán todos os que se expuxeron en clase, estean ou non nas transparencias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes