Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Tecnoloxía de automatización específica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor guía aos alumnos aclarando os principais conceptos do temario. Fomentarase a participación dos alumnos coa formulación de cuestións ou supostos prácticos.
Solución de problemas O alumno traballa individualmente e/ou en grupo na resolución dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Son obrigatorias para todos os alumnos. Consisten na resolución dun suposto mediante a programación do autómata. O alumno realizaraas de forma individual.
As prácticas precisan dunha preparación previa antes de ir ao Laboratorio, que consiste na lectura do guión, elaboración dunha táboa de entradas e saídas, e formulación do diagrama de contactos, ou do Grafcet correspondente. O profesor comprobará en cada sesión de prácticas o traballo previo realizado así como o desenvolvido no Laboratorio.
Simulación Cada alumno resolverá individualmente un problema de automatización co autómata e o software do laboratorio.
Proba obxectiva Consistirá en exercicios prácticos de programación e cuestións teórico-prácticas sobre o temario do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes