Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Dirección de Empresas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa.
Prácticas a través de TIC Practicas con ordenador para resolver casos da asignatura. Usarase software como Excel, Acces e outros.
Traballos tutelados Propoñerase a elaboración dun traballo tutelado a realizar en grupo os alumnos. O alcance do devandito traballo así como as súas particularidades e peso na nota final serán transmitidos aos alumnos coa antelación debida.
O traballo pretende que os alumnos desenvolvan a súa capacidade de traballo en equipo elaborando unha actuación orixinal e creativa, a través de da análise dun determinado caso para o cal terán que poñer en práctica as competencias adquiridas ao longo do curso.
Proba mixta Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia.
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución
Sesión maxistral O profesor impartirá a maior parte dos contidos teóricos da materia a través da exposición destes en sesións expositivas, nas que a participación dos alumnos será promovida tamén.

O profesor axudarase de medios audiovisuais para unha mellor exposición dos contidos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes