Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Instalacións Eléctricas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Correspóndese coa clase de teoría, en grupo grande (GG).
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos e procedementos que se estudaron e traballaron.

Correspóndese coa clase de problemas, en grupo mediano (GM).
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Correspóndese coas prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Traballos tutelados Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor.

Con esta metodoloxía preténdese que o alumno poida desenvolver un criterio para valorar se un proxecto dunha instalación eléctrica en BT está realizado de acordo ao REBT, así como aplicar os coñecementos adquiridos para realizar o proxecto dunha infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos (IRVE).
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe.

Co fin de valorar con maior rigor a consecución dos obxectivos, a proba consta de dúas partes diferenciadas: preguntas de resposta múltiple (ítems) e resolución de problemas.

Preguntas de resposta múltiple (ítems): constitúe un instrumento de medida, cuxo trazo distintivo é que permite cualificar a resposta dadas como correctas ou non; ademais de valorar os coñecementos adquiridos.

Resolución de problemas: parte na que se pretende avaliar contidos conceptuais, procedimentales e actitudinais.

Correspóndese co exame de teoría e problemas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes