Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Visión Artificial na Industria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 B13 B15 B16 B6 C1 C3 C7 C9 C11 Propoñerase un traballo tutelado que deberá ser desenvolvido de forma autónoma polo alumno fóra das clases e que terá que ser presentado e defendido. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 nesta metodoloxía para superar a asignatura. 50
Prácticas a través de TIC B1 B4 B13 B16 C1 C9 C11 Propoñeranse un ou varios traballos prácticos de aplicación de técnicas concretas de visión artificial ao longo do curso que serán desenvolvidos polos alumnos e entregados para a súa avaliación. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 3 sobre 10 nesta metodoloxía para superar a asignatura.

Poderase valorar positivamente a asistencia e participación activa nas clases ata un máximo de 1 punto sobre 10.
50
 
Observacións avaliación
A avaliación desta asignatura está baseada na superación das dúas metodoloxías principais: Traballos Tutelados e Prácticas a través de TIC. A nota mínima para superar a asignatura será dun 5 sobre 10, sumando a nota de ambas metodoloxías (a condición de que se supere a nota mínima esixida en cada metodoloxía). No caso de que o alumno non supere a asignatura na convocatoria ordinaria, deberá repetir na convocatoria extraordinaria aquelas actividades que non foron superadas. 

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acumular a porcentaxe da nota correspondente á asistencia a clase nas outras actividades. Esta condición deberá notificarse aos profesores da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes