Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Diseño de Personajes
   Metodologías
Metodologías Descripción
Sesión magistral Clases expositivas nas que se explicará de forma oral o contido teórico da materia. A teoría reforzarase con exemplos de videoxogos, cinematográficos, televisivos e literarios para facilitar a súa compresión por parte dos alumnos e faranse preguntas e reclamaranse achega de exemplos ao alumnado. Facilitarase un modelo de Character Desing Document ( CDD), no que figura de forma esquemática o contido que debe terse en conta á hora de desenvolver personaxes de ficción e que servirá como base para o deseño para unha propia.
Trabajos tutelados Durante as sesións prácticas, os alumnos desenvolverán dous personaxes, traballando de maneira colaborativa en parella. Traballarase o contido visto na teoría e se tutorizará por equipos semanalmente. Hai liberdade para elixir o tipo de personaxes a construír, aconséllase que sexan personaxes principais (protagonista e antagonista) ou traballar nos personaxes do seu proxecto. Seguirase o modelo CDD proposto que se adaptará á idiosincrasia de cada proxecto.

Os alumnos/as, agrupados en parellas, elaborarán un traballo final consistente na concepción, creación e deseño de dúas personaxes para videoxogos.

Para elo, en cada sesión irán avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación, 2. Deseño básico, 3. Evolución física 4. Evolución psíquica.

Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado.

Finalmente, en la última clase cada pareja expondrá y justificará su propuesta ante el profesor y los compañeros/as de materia, que, a su vez, evaluarán también el trabajo presentado.
Eventos científicos y/o divulgativos Exposición oral con apoio audiovisual, a cargo dun traballador en activo da industria dos videoxogos. Os alumnos obterán información de primeira man sobre o fluxo de traballo e a aplicación teórica a un produto real. Os alumnos poderán resolver as súas dúbidas por medio de preguntas. O taller completarase cunha parte práctica na que o profesional desenvolverá un personaxe seguindo as indicacións dos alumnos.

estará dedicada a una conferencia, en formato masterclass, impartida por un profesional del sector.
Estudio de casos Facilitarase un glosario dos arquetipos máis utilizados na narrativa. Os alumnos traballarán de forma autónoma e individualmente nun videoxogo que deben analizar para identificar os arquetipos representados polos personaxes. Os resultados deben estar convenientemente xustificados, achegando as fontes consultadas.
Presentación oral Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nos seus personaxes ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado.

Farase unha exposición oral do traballo tutorizado. Os alumnos deben deseñar unha presentación, utilizando as TIC, resumindo o contido da tarefa. Faranse preguntas par aclarar as posibles dúbidas que se expoñan do contido e sobre o proceso de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes