Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño de Personaxes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A17 A18 B1 C8 Salvo nos casos de dispensa académica, valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais. 10
Traballos tutelados A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que deban facer os alumnos/as a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán incorporados ao traballo final) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. 70
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B11 C5 C7 C8 No alumnado que non goce de dispensa académica valorarase a asistencia e participación activa no seminario previsto na planificación docente. 5
Presentación oral A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Tamén será tida en conta para a avaliación total a exposición que fagan os alumnos/as do seu traballo final na última das sesións da materia, valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. 15
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial

O traballo final debe ser entregado a través do Moodle da UDC na tarefa creada ao efecto, só por un dos dous asinantes do mesmo e antes do día 28 de febreiro ás 23:59 horas.

Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita, posto que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir na medida do posible os condicionantes de traballo do ámbito profesional.

A cualificación relativa á presentación oral será feita polo profesor e polo resto de alumnos/as, mediante unha folla de rúbrica na que se sinalan os aspectos a valorar. Tamén se avaliará, ademais da capacidade argumentativa, polos mesmos motivos que os sinalados no parágrafo anterior, a claridade expositiva e calidade de expresión oral.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3,5 puntos (35 sobre 100) no traballo tutelado e, polo menos, un 0,75 (7,5 sobre 100) na presentación oral, na que deberán intervir os dous asinantes de cada traballo.

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (traballo tutelado ou presentación oral), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Alumnado con dispensa académica

O alumnado con dispensa académica será avaliado en función do traballo final presentado (5 / 50 puntos) e da presentación oral (1 / 10 puntos) que, presencialmente ou vía online, faga do mesmo; se fora posible, na mesma data e hora que o resto de alumnos/as e, se non, ante o profesor no día e hora que se acorde previamente. A data límite de entrega será o día 28 de febreiro ás 23:59 horas.

Ao igual que no caso do alumnado presencial, para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita; ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral na exposición do mesmo.

Os 4 puntos restantes (40 sobre 100) correspóndense a un exame tipo test de 20 preguntas sobre material teórico que será facilitado polo profesor. Neste exame cada pregunta acertada será puntuada con 0,2 puntos e cada erro restará 0,1 puntos; as preguntas sen contestar non penalizan. A data de realización do exame será a prevista no calendario oficial, salvo imposibilidade de asistencia na mesma, caso no que se concertará co profesor unha data alternativa.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3 puntos (30 sobre 100) no traballo tutelado e a presentación oral e, polo menos, un 2 (20 sobre 100) no exame tipo test.

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (traballo tutelado ou exame), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes