Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Empresa e Emprendemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B1 B2 B3 C2 C3 C4 Test de resposta múltiple individual. 30
Traballos tutelados A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico. 70
 
Observacións avaliación

Asistencia ás clases co maior grado de participación posible. Utilización da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada se é necesario. A.-Exame: 30% da cualificación. B.-Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A puntuación do apartado B gardarase para a segunda convocatoria, pero en ningún caso para cursos posteriores. Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, tutorías e entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes