Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Naval
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  A3 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
  A4 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  A5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
  A7 CR1 Coñecemento dos conceptos fundamentais da mecánica de fluídos e da súa aplicación ás carenas de buques e artefactos, e ás máquinas, equipos e sistemas navais.
  A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección e para a avaliación do seu comportamento.
  A9 Coñecemento da teoría de circuítos e das características de maquínas eléctricas e capacidade para realizar cálculos de sistemas nos que interveñan os devanditos elementos.
  A10 Coñecemento da teoría de automatismos e métodos de control e da súa aplicación a bordo.
  A11 Coñecemento das características dos compoñentes e sistemas electrónicos e da súa aplicación a bordo.
  A12 Coñecemento da elasticidade e resistencia de materiais e capacidade para realizar cálculos de elementos sometidos a solicitudes diversas.
  A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de maquinas.
  A14 Coñecemento da termodinámica aplicada e da transmisión da calor.
  A15 Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval.
  A16 Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos.
  A17 Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, e da normativa e medios relativos á seguridade e protección ambiental.
  A18 Capacidade para a realización de cálculos de xeometría de buques e artefactos, flotabilidade e estabilidade.
  A19 Coñecemento da hidrodinámica naval aplicada.
  A20 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección.
  A21 Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña.
  A22 Capacidade para o deseño e cálculo de estruturas navais.
  A23 Capacidade para o deseño e cálculo dos espazos habitables dos buques e artefactos mariños, e dos servizos que se dispoñen nos devanditos espazos.
  A24 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas propulsores, tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc.
  A25 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas auxiliares tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc.
  A26 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas eléctricos tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc.
  A27 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas electrónicos de control e de navegación, tendo en conta o seu empacho, peso, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento, etc.
  A28 Coñecemento dos métodos de proxecto da súa tecnoloxía específica.
  A29 Coñecemento dos procesos de construción naval.
  A30 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á distribución dos espazos do buque.
  A31 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Técnica Naval en Estruturas Mariñas de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
  A32 Coñecer os aspectos diferenciais da operación, deseño e construción de buques de guerra con respecto a buques mercantes.
  A33 Coñecementos das características dos equipos de radiocomunicacións e dos criterios para a súa instalación.
  A34 Coñecementos das características dos equipos de navegación e posicionamento e dos criterios para a súa selección e instalación.
  A35 Coñecementos das características dos sistemas de intercambio de datos e criterios para a súa instalación.
  A36 Coñecementos relativos ao control de interferencias e compatibilidade electromagnética dos sistemas instalados a bordo.
  A37 Coñecemento das peculiaridades da construción de embarcacións de recreo. Diferentes materiais empregados.
  A38 Coñecemento das peculiaridades do deseño de embarcacións a vela.
  A39 Coñecemento das peculiaridades do deseño de embarcacións de recreo a motor.
  A40 Deseño e fabricación de elementos en materiais compostos e polímeros.
  A41 Coñecemento do control de calidade do proceso de fabricación e do produto rematado.
  A42 Coñecemento das aplicacións da fotónica e as tecnoloxías do láser na construción naval.
  A43 Coñecemento detallado dos métodos de cálculo da estabilidade despois de avarías.
  A44 Capacidade para realización de cálculos de estabilidade despois de avarías e a aplicación de criterios tanto determinístico como probabilístico.
  A45 Coñecemento dos principais procedementos de conformado, corte e soldadura aplicables á construción naval.
  A46 Capacidade para deseñar e modelar o casco do buque tendo en conta as características que o definen.
  A47 Coñecer a estrutura dun buque e a súa representación.
  A48 Capacidade para visionar o buque no espazo.
  A49 Capacidade para o manexo de software para representar graficamente o caso e a estrutura do buque.
  A50 Coñecementos de técnicas de mantemento, preventivo, correctivo e programado.
  A51 Coñecementos de terotecnoloxía navieira.
  A52 Coñecementos de diagnose e prognose de avarías a bordo.
  A53 Coñecementos sobre a planificación das reparacións.
  A54 Coñecementos sobre a obtención e renovación dos certificados do buque e os seus equipos.
  A55 Coñecemento das reparacións tipo.
  A56 Coñecemento das TIC no mantemento a bordo.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaboradora.
  B6 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
  B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
  B10 Actitude orientada á análise.
  B11 Actitude creativa.
  B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
  B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
  B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
  B15 Concepción espacial.
  B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
  B17 Analizar e descompoñer procesos.
  B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  B19 Motivar ao grupo de traballo.
  B20 Capacidade de negociación.
  B21 Abertos ao cambio.
  B22 Vontade de mellora continua.
  B23 Positivos fronte a problemas.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes