Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Naval
 Asignaturas
  CONTABILIDAD, PLANIFICACIÓN E CONTROL DE CUSTOS
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensinanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TICs, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora.
Esquemas Representación gráfica e simplificada da información que conlevan uns determinados contidos de aprendizaxe.
Portafolios do alumno Carpeta ou archivador ordeado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e calificacións asignadas polo profesor.
Prácticas a través de TIC Utilización das TIC na aprendizaxe efectiva, mediante prácticas de programas para estudo de balances, custos e viabilidade.
Proba obxectiva Proba estrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas, problemas, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais do temario de contabilidade, planificación e control de custos
Solución de problemas Resolución de exercicios e control de custos, balances, control da organización e planificación do traballo de produción naval, estudos de viabilidade e sensibilidade na construción naval, para resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se foron traballando e que poden ter máis dunha posible solución.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razoada.
Traballos tutelados Promover a aprendizaxe autónomo dos estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados. Así os alumnos asumen a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes