Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Naval
 Asignaturas
  POLÍMEROS E MATERIAIS COMPOSTOS EN CONSTRUCIÓN NAVAL
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Por sesión maxistral enténdese a actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos teóricos da material Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Aprendizaxe de distintas técnicas de caracterización de materiais: análise termogravimétrica, calorimetría diferencial de varrido e análise mecánico-dinámico. Estas tres técnicas están dispoñibles na EPS. Preténdese que o alumno se familiarice coas devanditas técnicas e poden ver a súa aplicación ao estudo dos materiais compostos.
Traballos tutelados Estes traballos poden estar relacionados coas prácticas de laboratorio ou cos temas expostos nas sesións maxistrais.
Presentación oral Os alumnos deberán preparar unha presentación oral apoiándose nun arquivo de PowerPoint (ou similar) do traballo tutelado que se lles asignase.
Obradoiro utilizaranse para a construción dunha embarcación con resina de poliester e fibra de vidro, incluíndo a elaboración do modelo, construción do molde e fabricación da peza final.
Saídas de campo Intentarase realizar unha visita a algún estaleiro que traballe con materiais compostos.
Proba obxectiva Consistirá nun serie de preguntas relacionadas co temario da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes