Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
 Asignaturas
  HIDROSTÁTICA E HIDRODINÁMICA DO BUQUE
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral PRESENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS TEMAS CITADOS NO APARTADO DE CONTIDOS CO OBXECTIVO DE QUE OS ALUMNOS POIDAN TRABALLAR A PARTIRES DE AHÍ NELES
Proba obxectiva PROBAS INDIVIDUAIS PARA DETERMINAR SI SE CUMPLEN OS OBXECTIVOS DOS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS A PARTIRES DAS SESIÓNS MAXISTRAIS

Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Para poder aprobar a materia, haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Hidrostática e Hidrodinámica). Cada unha de estas partes se dividirá a súa vez en Teoría e Práctica; a nota final de cada unha desas partes (Hidrostática e Hidrodinámica), se obterá considerando en conxunto as notas de Teoría e máis de Práctica, e tendo en conta que se require un mínimo de 4 (sobre 10) tanto en Teoría como en Práctica para superar a asignatura.

A parte de Teoría terá unha valoración de entre o 35 % e o 65 % do total e a de práctica entre o 65 % e o 35 % do total respectivamente, en cada unha de esas duas partes antes citadas, a definir ó comezo do curso, e se fará público a través de Moodle, nas clases presenciais e nos enunciados da mesma proba obxectiva.

A valoración de cada unha de esas partes na nota final será.

1.- 50 % do total
2.- 50 % do total

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico correspondente. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.
Solución de problemas REALIZACIÓN DE PROBLEMAS E EXERCICIOS RELACIONADOS COAS DIVERSAS TEMÁTICAS DA ASIGNATURA
Ao longo do curso serán propostos uns traballos individuais, relacionados coas dúas partes de asignatura (Hidrostática e Hidrodinámica).
Todos estes traballos serán obrigatorios, e será imprescindible a realización e presentación pública dos mesmos para superar esta materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos/practicas/defensas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.
Prácticas de laboratorio ELABORACIÓN DE TRABALLOS INDIVIDUAIS
Ao longo do curso serán propostos unhas prácticas de laboratorio, relacionadas coas dúas partes en que se divide a asignatura.
Todas estas prácticas serán obrigatorias, e será imprescindible a realización e presentación pública das mesmas para superar esta materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos/practicas/defensas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.
Saídas de campo VISITA A UNHA CANLE DE ENSAIOS HIDRODINÁMICOS CO OBXECTIVO DE COÑECER IN SITU AS SÚAS INSTALACIÓNS E TODOS OS ENSAIOS QUE SE LEVAN A CABO NO MESMO
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes