Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
 Asignaturas
  HIDROSTÁTICA E HIDRODINÁMICA DO BUQUE
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A53 B2 B4 B10 B11 B18 A calificación destes problemas representará un máximo dun 5% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 5
Prácticas de laboratorio A53 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B19 B20 C1 C2 C3 A calificación destas prácticas representará un máximo dun 5% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" . 5
Proba obxectiva A53 B8 B12 B16 B17 Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Para poder aprobar a materia, haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Hidrostática e Hidrodinámica). Cada unha de estas partes se dividirá a súa vez en Teoría e Práctica; a nota final de cada unha desas partes (Hidrostática e Hidrodinámica), se obterá considerando en conxunto as notas de Teoría e máis de Práctica, e tendo en conta que se require un mínimo de 4 (sobre 10) tanto en Teoría como en Práctica para superar a asignatura.

A parte de Teoría terá unha valoración de entre o 35 % e o 65 % do total e a de práctica entre o 65 % e o 35 % do total respectivamente, en cada unha de esas duas partes antes citadas, a definir ó comezo do curso, e se fará público a través de Moodle, nas clases presenciais e nos enunciados da mesma proba obxectiva.

A valoración de cada unha de esas partes será.

1.- 50 % do total
2.- 50 % do total

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico correspondiente. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.

A nota final do alumno obterase do seguiente modo:

Nota final = 50% Nota Hidrostática + 50% Nota Hidrodinámica

Nota Hidrostática = 90% Proba obxectiva + 5% Solución Problemas (se a nota da proba obxectiva>4) + 5% Prácticas Laboratorio (se a nota da proba obxectiva>4)

Nota Hidrodinámica = 90% Proba obxectiva + 5% Solución Problemas (se a nota da proba obxectiva>4) + 5% Prácticas Laboratorio (se a nota da proba obxectiva>4)
90
 
Observacións avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes