Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA TÉRMICA E DE FLUÍDOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A14 B2 B3 B4 B8 B18 C6 A proba escrita supón un 90% de la nota. O 50%, corresponde a resolución de problemas de aplicación. 45
Prácticas de laboratorio A7 A14 B3 B5 Será necesario elaborar unha memoria das prácticas realizadas nos laboratorios da EPS, que terá un peso do 10% na nota final da materia. A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para que o alumno poida aprobar a materia, sendo ademais necesario que obteña unha cualificación mínima de aprobado na avaliación da memoria antes mencionada.
Os alumnos que realizasen e aproben as prácticas nun mesmo curso académico, en caso de que a media da materia non lle de aprobado, non terán que repetir as prácticas en cursos sucesivos. En ningún caso se avaliarán memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
10
Sesión maxistral A7 A14 B4 B8 B10 C6 A proba escrita supón un 90% da nota. A mitade desta corresponde aos contídos teóricos expostos na sesión maxistral. 45
 
Observacións avaliación

O alumno que aprobe algunha das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia en todas as convocatorias do presente curso académico ás que puidese presentarse (pero non se conserva para cursos posteriores).La parte de Enxeñaría Térmica ten un peso do 50% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 50%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 e terá que ter unha nota superior a 3.5 en cada unha das partes. Ademais, o exámen de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha, sendo necesario obter unha nota mínima de 3 en cada unha delas para que se poida cualificar esa parte. A segunda proba mixta farase coincidir co exame da convocatoria ordinaria da materia.

En todas as convocatorias oficiais da materia o exame terá unha parte de Enxeñaría Térmica e outra de Máquinas Hidráulicas. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, teñen un peso do 10% na nota final e son imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. A nota de prácticas obterase da avaliación da memoria que o alumno ha de realizar a partir da parte de prácticas realizada na EPS.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes