Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque
 Asignaturas
  ENSAIOS NON DESTRUTIVOS
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección e para a avaliación do seu comportamento.
A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de maquinas.
A15 Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval.
A16 Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos.
A17 Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, e da normativa e medios relativos á seguridade e protección ambiental.
A18 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais e dos criterios para a súa selección.
A25 Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica.
A31 Coñecemento e capacidade para a inspección con ensaios non destrutivos.
A59 Coñecementos de diagnose e prognose de avarías a bordo.
A61 Coñecementos sobre a obtención e renovación dos certificados do buque e os seus equipos.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B9 Actitude orientada á análise.
B11 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B16 Analizar e descompoñer procesos.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes