Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  EXPRESION GRAFICA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Quen non teña superado a materia mediante as láminas e traballos de computador realizados en clase deberán superar un exame que constará de dous partes.
Na parte teórica, a proba consiste en representar un plano de despezamento a partir do plano dun conxunto de pezas.
Na parte práctica realizarase unha proba similar no computador.
Sesión maxistral A materia está dividida nunha parte teórica e outra de aprendizaxe dun programa de CAD.
Para iniciar o curso, as primeras semanas dedicaranse a clases maxistrais.
Durante o horario de grupos pequenos, o profesor presentará os contidos básicos de cada tema que o alumno debe estudar pola súa conta.
Aprendizaxe colaborativa Na parte de teoría, a aprendizaxe colaborativa consiste na realización na aula dunha lámina a determinar polo profesor sobre a temática indicada previamente. Estas láminas realizanse durante as clases en grupos grandes (60 alumnos).
Esas láminas son correxidas semanalmente e entregadas ao alumno que pode comentar co profesor a nota recibida. Pódese superar a asignatura mediante a correcta realización das láminas.
Para a parte de CAD, las clases danse todas na aula de informática e o profesor expón o tema que os alumnos van realizando simultáneamente no ordenador. Estas clases se impartirán durante as horas de grupo mediano (20 alumnos).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes