Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  INFORMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B3 C1 Proba final da materia. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de práctica. 73
Solución de problemas A3 B2 C1 Valoraranse os conceptos prácticos de programación mediante 4 exercicios de programación que se resolverán na aula ao longo do cuadrimestre de forma autónoma por parte do alumno 27
 
Observacións avaliación

A nota final da materia calcularase da seguinte forma:

Nota Final (NF) = 0,4*Nota_Teoría + 0,6*Nota_Practica

sendo imprescindible que tanto a Nota de Teoría coma a Nota de Prácticas sexan maiores de 5 para aprobar a materia.

A Nota de Teoría obterase nun exame que se realizará a final de curso.

A Nota de Práctica calcúlase mediante a expresión:

Nota_Practica=0.55*Nota_examen_p + 0.08*Solucion_problema_1 + 0.1*Solucion_problema_2 + 0.12*Solucion_problema_3 + 0.15*Solucion_problema_4

Nota_examen_p é a nota obtida nun exame que se realizará a final de curso e para o cal o alumno ten 2 convocatorias, unha en Xaneiro e outra en Xullo.

Solucion_problemas é a nota dos 4 problemas de programación propostos ao longo do curso e que resolven de xeito presencial na aula. Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. Nestas probas non está permitida a consulta de ningún material adicional, nin se conta coa axuda do profesor.

As Notas de Práctica e Teoría calcúlanse do mesmo modo nas convocatorias de Xaneiro e Xullo. Polo tanto, a Nota do Exame Práctico ten un valor do 55% da parte práctica en ambas as dúas convocatorias. As notas obtidas durante o curso nas Prácticas de Laboratorio e na Solución do Problemas de programación gárdanse para a convocatoria de Xullo, non sendo posible repetilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes