Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  INFORMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B3 C1 Proba que evalúa, por escrito, a parte de teoría da asignatura. Recolle preguntas abertas de desenvolvemento, e tamén pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T: nota obtida nesta proba.
40
Prácticas de laboratorio A3 B2 C1 Consistirá na recopilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios de avaliación xerais:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P4: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio.
10
Solución de problemas A3 B2 B4 B6 B9 C1 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso, que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación. Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso.

Criterios de avaliación xerais:

* Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula.
P2: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula.
P3: nota obtida na terceira proba de resolución de exercicios na aula.
50
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

1) Acadar como mínimo o 50% da máxima nota posible na proba mixta (T). Esta proba evalúa únicamente a parte de teoría da asignatura.

2) Acadar como mínimo o 50% da máxima nota posible na parte de programación, que se calcula como a suma ponderada das actividades de avaliación continua de programación (P1, P2, P3 e P4)

Si non se cumpren os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso. Si se cumpren, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,4×T + 0,1×P1 + 0,15×P2 + 0,25×P3 + 0,1×P4

Os alumnos que suspendan a parte de teoría na primeira convocatoria, terán a posibilidade de facer outra proba mixta equivalente na segunda oportunidade (Xullo). Os alumnos que suspendan a parte de programación na primeira convocatoria, terán a opción de aprobar na segunda convocatoria mediante a realización dunha proba obxectiva baseada na resolución dun ou máis exercicios de programación (P), que se realizarán no mesmo día do exame de teoría. Nesta segunda convocatoria, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL XULLO = 0,4×T + 0,3xP + (0,05×P1 + 0,075×P2 + 0,125×P3 + 0,05×P4)

Para poder aprobar a parte práctica da asignatura la segunda convocatoria, a nota mínima da proba obxectiva de programación (P) é de 3 sobre 10.

Notas sobre as actividades de avaliación continua:

- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico. Polo tanto, a nota obtida durante o curso nas actividades P1, P2, P3 e P4 se garda para a convocatoria de Xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILAS.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio de calquer traballo práctico levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno dá Universidade dá Coruña ou 19 de decembro de 2013

Os alumnos matriculados a tempo parcial na asignatura poderán obter a calificación final da materia únicamente mediante unha proba mixta a realizar na mesma data de exame dos alumnos a tempo completo, nas dúas convocatorias. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación adaptadas aos contenidos globais da asignatura. Polo tanto, estes alumnos non teñen a obligatoriedade entregar as actividades P1 a P4 anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes