Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  RESISTENCIA DOS MATERIAIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 B2 B3 B7 C4 C5 Realizarase un exame final da asignatura no que haberá que sacar unha nota mínima de 4 sobre 10 para facer media coas prácticas e traballos tutelados. 70
Prácticas a través de TIC A14 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Realizaranse unha serie de probas a través da plataforma Moodle. Todalas probas han de terse entregado coa máxima puntuación para que esta parte se evalúe. Non existe límite de intentos. 5
Traballos tutelados A14 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Traballo individual e progresivo sobre os contidos da asignatura; opcionalmente poderá optarse a participar en grupos de 2 ou 3 alumnos no concurso de pontes de espaguetti de Resistencia de Materiales da EPEF en troques do traballo individual. 25
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica quedan
eximidos da
asistencia a clase, que, por outro lado, non é obrigatoria tampouco para
os alumnos con dedicación a tempo completo.  O sistema de avaliación é
análogo ó dos alumnos a tempo completo.

Na segunda oportunidade o 70% da nota corresponde á proba mixta (exame final sobre os contidos da asignatura) e o 30% corresponde ó traballo tutelado.

A convocatoria adiantada evalúase como na segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes