Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
   FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Examen tipo proba obxectiva 70
Solución de problemas A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 30
 
Observacións avaliación

No marco da "Solución de
problemas" incluiranse os seguintes aspectos:



Prácticas de Laboratorio: avaliaranse pola participación do
Alumno nas mesmas e polos informes entregados cun máximo de 1 punto (10%).
Consideraranse suspensas cunha nota menor de 0.5 ou se non se realizan.



A realización das prácticas coa
súa correspondente cualificación conservaranse dous cursos académicos: o curso
de realización e o seguinte. Pasado este tempo, anúlanse e deberán repetirse.



Para aprobar a materia é indispensable ter realizadas e aprobadas
(mínimo de 0.5 puntos) as Prácticas de Laboratorio.



Tarefas entregadas: exporanse ao longo do cuadrimestre a
entrega de distintos exercicios, problemas ou traballos. Estas tarefas poderán
ser avaliadas polo profesor co Alumno presente que deberá xustificar e explicar
as súas entregas.



Avaliaranse cun máximo de 1 punto
(10%).



A entrega destas tarefas só será avaliada se o Alumno asiste a clase,
lugar no que  se plantexaran.



Asistencia e participación activa: a asistencia a clase
considérase fundamental e puntuarase cun máximo de 0.5 puntos (5%). Ademais
poderase puntuar con 0.5 puntos (5%) a participación activa na aula a todo
Alumno que responda e/ou participe nas cuestións e/ou exercicios expostos.



Estas puntuacións outorgaranse se o Alumno asiste a un 80% das clases.



No marco da "Proba
mixta" hai que ter en conta:



Exame parcial: realizarase un exame parcial con carácter
eliminatorio da primeira parte da Materia. O Alumno que o aprobe, só se
presentará á segunda parte da Materia no exame da 1ª oportunidade. O Alumno que
non se presente ou non o aprobe, deberá presentarse ás dúas partes no exame da
primeira oportunidade.



Probas mixtas: en calquera proba
mixta (parcial, 1ª ou 2ª oportunidade), os exercicios e/ou problemas deberán
resolverse utilizando as técnicas e/ou métodos explicados polo Profesor na
aula.

Calquera outro método de resolución
empregado, anularase
.



No exame da 2ª oportunidade non
se gardarán partes e o Alumno examinarase de toda a Materia.



 É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para superar
a materia.



 A cualificación final da Materia
será a suma da cualificación de "Solución de problemas" e "Proba
mixta" se na Proba mixta obtense o 50% ou máis da súa puntuación.



 Se a cualificación da Proba mixta
é menor do 50%, entón a cualificación final da Materia será a cualificación da
Proba mixta.



 Os Alumnos con "dispensa
académica" deberán acreditar coñecementos prácticos da Materia mediante un
exame de Laboratorio. Este exame avaliarase como APTO ou NON APTO. Para aprobar
a Materia deberán obter 50 puntos sobre 70 na proba obxectiva.



 Na segunda oportunidade
aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira.



 Na convocatoria adiantada
(Decembro) aplícanse os mesmos criterios de avaliación, a cualificación da
metodoloxía "Solución de problemas" será a última obtida polo alumno.



 A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
suspenso ‘0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face á
convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes