Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A11 B1 Realizaranse dúas probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, unha con cada parcial. 20
Prácticas de laboratorio A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 2 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.
A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
8
Prácticas a través de TIC A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
15
Proba obxectiva A11 B1 As probas obxectivas escritas teñen o obxectivo de comprobar se o alumno/a adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia.

Realizaranse un primeiro parcial durante o curso e un segundo parcial, dentro do exame final. Cada parcial valerá 35 puntos máximo, (terá 25 puntos de proba obxectiva, máis 10 puntos dunha proba de resposta múltiple).

Os que suspendesen o primeiro parcial, terán que recuperalo no exame final.

O exame de Xullo terá a mesma estrutura.

Se algún alumno aproba algún dos dous parciais, durante o curso ou en Xuño, pero non aproba a materia, ese parcial gárdase para Xullo.

Os parciais non se gardan para o curso seguinte.?
50
Presentación oral B4 B7 C3 C5 Exposición audiovisual dun tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa.

A nota obtida na Presentación oral, non se garda para o curso seguinte.
7
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que
obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final
obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC,
Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e
Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

Que se realizaron e aprobaron as Prácticas de laboratorio e ademais:

- Obter polo menos 14 puntos no exame parcial, polo menos 14 no final e que a suma total valla 35 puntos.

- No caso de non obter polo menos 14 puntos no exame parcial, deberá repetirse esta parte no exame final e aplicarase o devandito no apartado anterior.

No caso de aprobar na convocatoria de xuño una das dúas partes, gardarase ata a convocatoria de xullo.

Exemplos

Primeiro parcial 14 puntos. Exame final 22 puntos. Total 36 puntos. Apta a parte obxectiva

Primeiro parcial 10 puntos. No  final repítese o primeiro parcial

Primeiro parcial 18 puntos. Exame final 10 puntos. Non apto pero gárdase o primeiro parcial para xullo

etc

Non se gardará para cursos sucesivos nada que non sexan as prácticas de laboratorio.

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación  a tempo    parcial  e  dispensa académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade.
Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas adendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame.
O mesmo é aplicable para a segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes