Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA DE FLUÍDOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 B2 B7 C4 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado dunha memoria de prácticas. A nota mínima será de 4 sobre 10 para considerarse aprobada.

Os alumnos que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso se avaliarán memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
Proba mixta A8 B2 A materia dividirase en dous bloques que terán o mesmo peso na nota final. Realizarase unha proba a metade do curso relativa ao bloque un e outra ao final para ambos bloques. Cada unha das dúas probas terá unha parte de problemas e outra de teoría que constará non só de preguntas de conceptos teóricos senón tamén de exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase. A parte de teoría e de problemas terán o mesmo peso na avaliación de cada bloque.

Se na primeira proba a nota é superior a 4/10 e as notas das partes de teoría e problemas da mesma son superiores a 3/10 poderase liberar o bloque un para o exame final. Esta liberación poderase estender ata o exame final de xullo do mesmo ano se o alumno se presentase ao exame de xuño.

Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5/10 de nota media, un 4/10 na proba mixta e polo menos un 3/10 na nota media da parte de problemas e na parte de teoría
70
Traballos tutelados A8 B2 C4 Realizaranse algúns exercicios tutelados avaliados que supoñerán un 15% da nota final. 15
 
Observacións avaliación

A proba final estará dividida en dous partes correspondentes aos bloques 1 e 2. De maneira que aqueles alumnos que liberasen o primeiro bloque poidan examinarse só do segundo.

Aqueles alumnos con dispensa académica deberán realizar as prácticas de laboratorio e poderán voluntariamente resolver problemas facilitados polos docentes da materia correspondentes aos traballos tutelados para os que a solución será discutida en tutorías, e que poderá formar parte da avaliación final. As datas da realización das prácticas e da entrega das memorias correspondentes poderán ser acordadas cos docentes da materia.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade son os mesmos que para a primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes