Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Examen final da materia 70
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Entrega e presentación dun traballo proposto polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a avaliación será igual ao resto xa que os traballos tutelados serán completados fora do horario de clases.

Para os alumnos tanto de primeira como de
segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado
na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada. A nota da parte de traballos tutelados poderá manterse do curso anterior (non se conservará de cursos máis antigos) en caso de que o alumno presentara o traballo e obtivera unha cualificación de aprobado no mesmo excepto que desexe repetir o traballo. 

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso
'0' na materia na correspondente convocatoria, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes