Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40% do total da proba mixta.
As datas destas probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
80
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 O traballo é de carácter individual polo que se premiará a orixinalidade e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
20
 
Observacións avaliación

Soamente serán cualificados como NON PRESENTADO os estudantes que non concorran a ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 de artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Por tanto, os estudantes con dispensa académica serán avaliados en primeira oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir, traballo tutelado 20% + proba mixta 80%.

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que a calificación do traballo será a da 1ª oportunidades e a proba mixta será unha única proba mixta na data sinalada para a proba final no calendario de exames do centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes