Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40% do total da proba mixta.
As datas das probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
90
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
10
 
Observacións avaliación

Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a
ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 do
artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na
universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo
tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir,
traballo tutelado 10% + proba mixta 90%.

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que
a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidades e a proba mixta
consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba
final no calendario de exames do centro.

Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o
traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data
establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.









A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia, na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes