Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Realizarase unha presentación oral en power point dos traballos tutelados desenvolvidos polos distintos grupos de alumnos. Previamente, realizarase un sorteo co obxecto de determinar a orde de intervención dos distintos compoñentes do grupo.
Traballos tutelados Realizaranse dous traballos en grupo sobre selección de materiais aplicados á enxeñaría industrial. o primeiros deles será un tema obrigatorio proposto polo profesor, mentres que o segundo tema será proposto polos propios alumnos co obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa.
Sesión maxistral Realizarase unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A asistencia ás clases maxistrais terase en conta na nota final.
Solución de problemas Realizaranse seminarios de problemas cuxos enunciados se entregarán con suficiente antelación. En cada sesión do seminario resolveranse cantas dúbidas ou dificultades xurdisen ao alumnado.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas nas que se mostrará os alumnos distintos aspectos da corrosión de materiais metálicos
Proba obxectiva Realizaranse varios exames parciais tipo test que se levarán cabo en horario de clase.

Todas as preguntas do test teñen tres posibles respostas das cales só unha é verdadeira. Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,5 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes