Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 A25 B2 B3 B5 B6 Realizaranse varios exames parciais tipo test que se levarán cabo en horario de clase.

Todas as preguntas do test teñen tres posibles respostas das cales só unha é verdadera. Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,5 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.

Calquera nota inferior a 4.0 penalizará, computando o dobre á hora de realizar a nota media dos exames. Por exemplo, se un alumno obtivo nos parciais as seguintes notas: 7, 6, 3 y 2; a súa nota media será: (7+6+3+3+2+2) / 6 = 3,83.

Para ter opción ao aprobado débese obter máis de 4,0 de nota media nas probas obxectivas

O alumno poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno na convocatoria de maio/xuño co obxecto de mellorar nota.

En caso de que obtivese unha nota inferior á anterior, conservaráselle a primeira nota
75
Presentación oral A9 A25 B2 B4 B5 B7 C1 Realizaranse dúas presentacións orais dos traballos tutelados 10
Sesión maxistral A9 A25 B2 B7 B9 C4 C5 C6 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases terán 0,5 puntos sobre 10 na nota final 5
Traballos tutelados A9 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 Realizaranse dous traballos tutelados en grupo sobre distintos aspectos do temario que posteriormente se expoñerán oralmente 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a nota global mínima será de 5.0.

A realización dos traballos tutelados e obrigatoria para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes