Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DE MATERIAIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A25 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Realizaranse un traballo tutelado en grupo sobre distintos aspectos do temario que se expoñerá oralmente 30
Proba mixta A25 B2 B3 B5 B6 Realizaranse dous exames parciais tipo test (20-30 preguntas) que incluirán un problema similar aos propostos no boletín colgado no campus virtual. Levaranse a cabo en horario de clase.

Todas as preguntas do test teñen tres posibles respostas das cales só unha é verdadeira Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,5 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.

Para ter opción ao aprobado non se pode obter menos de 3,0 en ningún parcial e débese obter 5,0 ou máis en polo menos un deles.

O estudante poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno na convocatoria de maio/xuño co obxecto de mellorar nota (considerarase a nota do último exame).
70
 
Observacións avaliación

A avaliación da segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase un único exame composto por un test de 30-40 preguntas sobre o contido da materia e un exercicio práctico similar aos propostos no boletín colgado no campus virtual. Para aprobar haberá que obter polo menos unha nota de 5.0

O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica debe poñelo en coñecemento do coordinador da materia. A avaliación realizarase cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes