Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  DESEÑO E ANÁLISE ASISTIDO POR ORDENADOR
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B2 B4 B7 B9 C6 Realízanse traballos individuais e un traballo de final de curso supervisado polo profesor.

Para o traballo de final de curso distribúese aos alumnos en equipos de traballo (xeralmente formados por dous alumnos) e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo.

Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais e superaron satisfactoriamente os traballos individuais e o traballo de fin de curso proposto, aproban a materia. De non superar o traballo de fin de curso favorablemente indícanselles as deficiencias do mesmo e teñen un prazo adicional para emendalas, pero non necesitan ir ao exame de superar a materia mediante o traballo dentro do mesmo curso.

Os alumnos con dispensa académica terán que presentar adicionalmente os traballos referidos no seguimento quincenal descrito no paso 6.
90
Proba obxectiva B2 B4 B7 Aqueles alumnos que non asistisen polo menos ao 80% dos días de clases presenciais, ou non superasen o traballo de fin de curso, deberán superar un exame práctico relacionado co caso de deseño exposto durante o curso. 10
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes