Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  VIBRACIÓNS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 A13 A23 B5 B7 B9 C3 C5 É necesario asistir sistematicamente ás prácticas e preparalas durante as sesións prácticas da materia e nas horas presenciais asignadas. O seguimiento do traballo realizase nestas sesións prácticas. A avaliación realízase mediante a presentación dos informes das devanditas prácticas.
30
Traballos tutelados A1 A2 A13 A23 B5 B7 B9 C3 C5 O traballo implica os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Debe realizarse individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e nas horas presenciais asignadas a este proxecto. Controlarase o desempeño do traballo nas sesións prácticas. A avaliación realízase presentando o traballo supervisado. 70
 
Observacións avaliación

O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa
insuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académica
ou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e o
traballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballo
efectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación da
materia pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballo
tutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante
resolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

 

Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente e
mellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. A
avaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballos
tutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia pode
incluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unha
sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente
e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes