Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  VIBRACIÓNS
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G03011
ESTRUTURAS/730G03021
MECÁNICA/730G03026
Modelización de Estruturas por Elementos Finitos/730G03069

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tipoloxías Estruturais/730G03070

Materias que continúan o temario
Simulación de Sistemas Mecánicos e Estruturais/730497224

Observacións

 Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

             *  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

             *  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

             *  En caso de ser necesario realizalos en papel:

                  -     Non se empregarán plásticos

                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.

                 -      Empregarase papel reciclado.

                 -      Evitarase a impresión de borradores.

 Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Por decisión da comisión de calidade da EPEF, as materias optativas non poderán traballar máis que as competencias básicas xa mencionadas nesta guía docente. Non obstante, na materia "Vibracións" tamén se traballan as seguintes competencias específicas do título:

A1 FB1 - Capacidade para resolver problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñaría. Capacidade para aplicar os coñecementos de: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións derivadas diferenciais e parciais; métodos numéricos; algorítmico numérico; estatística e optimización.

A2 FB2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos das leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.

A13 CR7 - Coñecemento dos principios da teoría de máquinas e mecanismos.

A23 TEM4 - Coñecementos e habilidades para aplicar os fundamentos de elasticidade e resistencia dos materiais ao comportamento de sólidos reais.

As competencias básicas de todas as optativas trabállanse conxuntamente con estas competencias específicas, que se adquiren inicialmente noutras materias obrigatorias, e que se reforzan e consolidan nesta optativa.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes