Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B2 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 A avaliación basearase na entrega da resolución dos casos prácticos que o profesor estableza. Véxase o devandito máis abaixo nas observacións. 100
 
Observacións avaliación
Para superar a materia mediante o sistema anterior é necesario asistir a un mínimo do 90% das clases da materia.

Os alumnos que asistan a menos dun 90% das clases terán o mesmo sistema de avaliación, pero deberán realizar traballos das sesións prácticas ás que non asistan.

Os alumnos que non superen a avaliación continua (casos prácticos) poderán realizar senllos exames, nas datas oficiais de exame que estableza a escola.

Os criterios básicos de corrección dos traballos para entregar polo alumno son os seguintes:

(1) A nota dun caso práctico será nula se a resposta dada ou o deseño realizado: 

(1.1) Non inclúe xustificación adecuada da decisión tomada ou, en xeral, da resposta que se pedía.

(1.2) Supoñen risco para a vida das persoas que teñen que executar a obra ou usar a instalación que se construiría en base ao devandito deseño. 

(1.3) Ou non respecta algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese. 

(2) Se a solución é válida e cumpre todos os requisitos imprescindibles do enunciado, a nota mínima será de 5 puntos sobre 10. Se ademais cumpre coas preferencias (requirimentos non imprescindibles, que resulten ser factibles) establecidas no enunciado, a nota mínima será de 8 puntos sobre 10. Ambas as notas poderán aumentar en función de que sexa unha solución mellor que outras que tamén cumpran os requisitos ou preferencias do enunciado, e en función doutros criterios non definidos no enunciado, como poderían ser a facilidade de deseño e execución, ou o grao de sustentabilidade, entre outros (salvo que estes aspectos fosen requirimentos do enunciado). 

(3) Se a redacción realizada polo alumno non é clara, ou non se entende, a puntuación poderá baixar, mesmo, ata cero puntos, se dita redacción pode dar lugar a malentendidos que supoñan risco para a vida das persoas ou poidan levar a que non se respecte algún dos requisitos imprescindibles que o enunciado establecese. Téñase en conta que a misión do enxeñeiro é facer proxectos que sexan facilmente inteligibles, de maneira que os contratistas e instaladores e, sobre todo, os seus operarios, cunha formación ás veces moi inferior á do técnico competente, interpreten adecuadamente os seus documentos.

(4) No caso de cálculo e dimensionamiento, se o dimensionamiento é insuficiente, a nota será nula. Un sobredimensionado non xustificable levará ao mesmo resultado. A nota será máxima en caso de dimensionados adecuados, cando o alumno achega todas as xustificacións e cálculos oportunos de forma que estes son claros e a redacción do documento é ordenada e clara, incluíndo todo o que pide o enunciado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes