Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Modelización de Estruturas por Elementos Finitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 B7 B9 Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante o curso, para que a profesora poida avaliar o traballo realizado e que se inclúa na cualificación final. Non vale presentalas ao final sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terán en conta para a nota.
No proceso de avaliación das prácticas de laboratorio vaise realizar unha practica nunha sesión, na que o estudante individualmente resolverá co computador os problemas expostos pola profesora.

30
Traballos tutelados B5 B7 B9 O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e en casa, nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento individualizado da realización do traballo nas sesións de prácticas. Non vale presentar o traballo o último día sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terá en conta para a nota.
70
 
Observacións avaliación

O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexainsuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académicaou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e otraballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballoefectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación damateria pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballotutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudanteresolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente emellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. Aavaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballostutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia podeincluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unhasesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmentee/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Os criterios deavaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os dasegunda oportunidade do ano anterior.

A fraude comprobada en calquera actividade de traballo,
proba ou avaliación dará lugar directamente á calificación de suspenso de
"0" na actividade de traballo, proba ou avaliación de que se trate,
sen posibilidade de volver presentala na convocatoria extraordinaria ou
avanzada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes