Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Créditos de libre elección
  INFORMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B3 C1 Proba final da materia. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de práctica. 73
Prácticas de laboratorio A3 B2 C1 Valorarase o traballo semanal do alumno nas clases prácticas mediante a avaliación dos exercicios de programación que se realicen na aula 6
Solución de problemas A3 B2 C1 Valoraranse os conceptos prácticos de programación mediante dous exercicios de programación que se resolverán na aula ao longo do cuadrimestre de forma autónoma por parte do alumno 21
 
Observacións avaliación

A nota final da materia calcularase da seguinte forma:

Nota Final (NF) = 0,4*Nota_Teoría + 0,6*Nota_Practica

sendo imprescindible que tanto a Nota de Teoría coma a Nota de Prácticas sexan maiores de 5 para aprobar a materia.

A Nota de Teoría obterase nun exame que se realizará a final de curso.

A Nota de Práctica calcúlase mediante a expresión:

Nota_Practica=0.55*Nota_examen_p + 0.1*Practicas_laboratorio + 0.1*Solucion_problema_1 + 0.25*Solucion_problema_2

Nota_examen_p é a nota obtida nun exame que se realizará a final de curso e para o cal o alumno ten 2 convocatorias, unha en Xaneiro e outra en Xullo.

Practicas_laboratorio é a nota obtida tras a corrección por parte do profesor de prácticas dos exercicios de programación realizados nas clases prácticas durante o curso (todos eles ou aqueles que o profesor considere máis relevantes). Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expoñer dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Polo tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Solucion_problemas é a nota dos 2 problemas de programación propostos ao longo do curso e que resolven de xeito presencial na aula. Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. A principal diferenza coas prácticas de laboratorio comentadas anteriormente é que nestas 2 probas non está permitida a consulta de ningún material adicional, nin se conta coa axuda do profesor.

As Notas de Práctica e Teoría calcúlanse do mesmo modo nas convocatorias de Xaneiro e Xullo. Polo tanto, a Nota do Exame Práctico ten un valor do 55% da parte práctica en ambas as dúas convocatorias. As notas obtidas durante o curso nas Prácticas de Laboratorio e na Solución do Problemas de programación gárdanse para a convocatoria de Xullo, non sendo posible repetilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes