Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Créditos de libre elección
  FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de foma teórica e práctica mediante simulación. A súa realización é voluntaria e avaliable. Unha solución detallada de cada problema proposto publicarase na FV para a autoevalución do alumno. Unha das prácticas de laboratorio realízase de forma non presencial realizando un titorial para a aprendizaxe básica de creación e análise de circuítos electrónicos con Orcad Pspice.
Prácticas de laboratorio Consistirá na montaxe real e simulación de circuítos electrónicos básicos utilizando os aparatos de medida e de alimentación básicos (osciloscopio, funete alimentación, xerador de sinal e polímetro) e o programa de simulación electrónica Orcad Pspice.
Proba obxectiva A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. Haberá polo menos un exame parcial.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico.
Proba de resposta múltiple Realizaranse probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, de forma periódica, nas horas de clase e/ou ao mesmo tempo que as probas obxectivas.
Presentación oral Exposición audiovisual dalgún tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa.
Solución de problemas Durante as sesións maxistrais formúlanse supostos prácticos para a súa resolución. Na devandita resolución foméntase a participación do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes