Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  CÁLCULO
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
As probas constarán de dúas partes e a nota final será a suma das notas obtidas en cada unha de elas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1, 2, 3 e 4. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de 2ª oportunidade.
100
 
Observacións avaliación
<p>O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ás clases avaliarase nas probas obxectivas nas mesmas condicións que o resto do alumnado.</p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes