Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura, en grupo grande (GG). Profesores: Miguel Menacho (teoría e problemas) e Emilio Santomé (prácticas de taller)

Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Corresponde á clase de teoría, en grupo grande (GG). Profesor: Miguel Menacho.

Solución de problemas
Técnica mediante a cal ha de se resolver unha situación problemática concreta, a partires dos coñecementos e procedementos que se teñen estudado e traballado.

Corresponde á clase de problemas, en grupo mediano (GM). Profesor: Miguel Menacho.

Prácticas de laboratorio
Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Corresponde á clase de prácticas de taller, en grupo pequeno (GP). Profesor: Emilio Santomé.

Proba mixta Esta proba consiste na resolución de problemas e / ou elementos, e será valorada entre 10 puntos.

Profesores: Miguel Menacho e Emilio Santomé.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes