Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  CALOR E FRIO INDUSTRIAL/REFRIXERACIÓN
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. 70
Prácticas de laboratorio A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Entregar informe 20
Solución de problemas A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Entrega de problemas resoltos 10
 
Observacións avaliación
Obrigatoriedade das prácticas:
A asistencia a prácticas de laboratorio é obrigatoira, tolerándose so unha falta xustificada. A realización das prácticas é un requisito necesario para aprobar a materia. Para a avaliación da primeira oportunidade é necesario ter avaliadas as prácticas

A comezos de curso os alumnos e profesor poden acordar que non se evalue a entrega de problemas resoltos. A entrega de problemas resoltos faráse no día da proba escrita se non se fixa outra data.

Proba Obxectiva: É unha proba escrita que consta dunha parte de teoría sen consulta de aproximadamente 45 minutos de duración, seguida dunha parte de problemas con consulta de 180 minutos de duración.

Os informes de prácticas:
Os informes de prácticas de laboratorio entregaranse nun pzazo máximo dunha sema dende a realización da práctica. Os informes consisten en completar un formulario ao que os alumnos terán acceso a través de Moodle.

A entrega de problemas resoltos será o día do exame.

Dispensa académica: A avaliación consiste únicamente na proba escrita.

A avaliación para a 2ª oportunidade e para convocatorias extraordinarias é a mesma que para a primeira oporunidade. Así, é obrigratorio ter avaliadas as prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes