Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  XESTIÓN DE PROXECTOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A18 B2 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 Para aprobar a materia que consta de dous partes: proxectos e xestión de proxectos, é necesario aprobar por separado cada unha das dúas.

A parte de proxectos (50% da materia) consta de realización dos casos prácticos realizados e entregados que é o 40% da nota, 20% exame de casos prácticos e 40% de exame de teoría correspondente ao temario.

A parte de xestión de proxectos (50% da materia) avaliarase no exame final cunha parte de teoría e outra de problemas, que terán que ser aprobadas por separado.

A nota final da materia será a media aritmética das dúas partes, sempre que cada unha delas teña unha nota maior ou igual a cinco
100
 
Observacións avaliación
A diferenza entre as Universidades a distancia (p. ex UNED) e o resto de Universidades é que, nas primeiras, é a Universidade a responsable de poñerse en contacto co alumno e de proporcionarlle todo o material necesario para que, mediante o seu estudo, poida superar a materia. Ese non é o caso do resto de Universidades, como a UDC, nas cales é responsabilidade do alumno poñerse en contacto co profesor, descargar os materiais de Moodle e traballar con eles, asistir a clase e tomar notas do que nela dígase, seguir as indicacións verbais e escritas do profesor, e estudar todos os materiais aludidos, para poder superar a materia. O alumno que non asiste a unha ou varias clases, incluídos os alumnos con dispensa académica, teñen as mesmas responsabilidades que o resto de alumnos, aínda que neste caso, ao non asistir a clase, teñen a responsabilidade de poñerse en contacto cos seus compañeiros e cos profesores, con obxecto de recompilar todo o material docente que se comentou.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes