Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ELECTRÓNICA DE POTENCIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A22 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C4 C5 Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. 10
Prácticas de laboratorio A10 A11 A12 A22 B2 B4 B5 B6 B9 C1 A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia 10
Prácticas a través de TIC A10 A11 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. 15
Proba obxectiva A10 A11 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A parte dos dous exames finais de Xuño e Xullo, realizarase un primeiro exame parcial. Para aqueles alumnos que obtivesen no primeiro parcial unha puntuación maior ou igual a 10 puntos e queiran aprobar a materia por parciais realizarase un segundo exame parcial coincidirendo co exámen final de Xuño. Cada parcial ten unha puntuación máxima de 25 puntos sobre 100. 50
Proba de resposta múltiple A10 A11 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase e/ou ao mesmo tempo que os examéns parciais. 15
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A
nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a
través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de
resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as
seguintes condicións:

  • Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
  • e polo menos unha das seguintes:
    • Que no primeiro exame parcial se obtivese unha puntuación maior que 12.
    • Que nun exame final se obtivese unha puntuación maior ou igual que 25.
    • Que a puntuación obtida en cada un dos parciais é maior ou igual que 10 puntos.

No
caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será
segundo o caso, a puntuación do exame final multiplicada por 0,8 ou a puntuación media dos dous parciais multiplicada por 0,8.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.

Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)" non
esíxeselle unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades con excepción das Prácticas de laboratorio, sendo o
sistema de avaliación o anteriormente indicado. No caso de non participar nas actividades avaliables realizadas durante o curso, a nota final será a nota ponderada da proba
obxectiva e da proba de resposta múltiple.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes